sábado, 7 de marzo de 2026

VISITA DE MARTA VILLAR

  O alumnado de 3º Ed. Primaria, leron o libro "Os peido máxicos de Sultán" e a súa escritora visitounos este xoves 5 de marzo. Foi un club de lectura moi interesante.


Moitas grazas pola túa visita, Marta.
Güino.


domingo, 1 de marzo de 2026

CLUB DE LECTURA DE 3ºED. PRIMARIA 2026

  O xoves 5 de marzo, recibiremos a autora do libro "Os peidos máxicos de Sultán", Marta Villar.


Güino.

lunes, 26 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA 4ºEP. 26 DE MAIO DE 2025

 O alumnado  de 4º EP  estiveron lendo "ÁNXELA E SPENCER" e hoxe recibiron ao seu autor no "Xardín do Pasatempo". Foi moi interesante o que Carlos Meixide estivo contando sobre o seu libro. 


Anteriormente os nenos e as nenas de 4º traballaron o vocabulario, o resumo ... Deixamos aquí un enlace do blog.

lunes, 5 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA 5ºEP. 5 DE MAIO DE 2025

  O alumnado de 5ºA  estiveron lendo o libro "MURIEL, CAOS NO LABORATORIO LÁCTEO". Este luns 5 de maio, na "Xardín do Pasatempo" recibimos a súa autora María Canosa. Con ela falaron de diferentes temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder coñecela.


Güino

jueves, 24 de abril de 2025

CLUB DE LECTURA 3º EP. 24 DE ABRIL

  O alumnado de 3º estiveron lendo o libro "PAPÁ CANÍBAL". Este xoves 24 de abril, na Biblioteca recibimos ao seu autor Antonio M. Fraga, antigo alumno do centro. Con el falaron de  como escribiu o libro, dos seus personaxes e outros temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder pasar un momento con el.


 Güino.

martes, 8 de abril de 2025

CLUB DE LECTURA 4ºEP. 8 DE ABRIL 2025

  O alumnado de 4º estiveron lendo o libro "A MIÑA AVOA, A MIÑA HEROÍNA". Este martes 8 de abril, no "Xardín do Pasatempo" recibimos a súa autora Sabela Fernández Trelles. Con ela falaron de diferentes temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder coñecela.

Güino.


jueves, 4 de febrero de 2021

Club de Lectura de 6º E.P. "Plan de rescate" Antía YAÑEZ


 Benvid@s ao 1º día do club. Ao longo desta actividade iremos lendo o libro ao tempo que facemos outras cousas ademais de ler.








Neste 1º día imos coñecer a autora e a súa obra a través dunha entrevista que poderedes ler premendo na súa imaxe.



Aquí vos quedan os datos deste libro que hoxe comezamos (Premede nas ligazóns!):

Título: Plan de rescate
Texto:Antía Yáñez
Ilustracións:Xiana Teimoy

Editorial:Edicións Xerais de Galicia
Colección:Merlín

+ info:https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092338

Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019



 Cando xa teñamos avanzado o libro realizaremos un encontro con Antía que respostará a todas as vosas cuestións.