miércoles, 3 de junio de 2026

CLUB DE LECTURA. 5ºED. PRIMARIA Visita de Ramón Caride

 O 1 de xuño recibimos o autor do libro que leron o alumnado de 5º Ed. Primaria, "O misterio das zocas", Ramón Caride. 

Despois dunha sesión onde Ramón contou como escribiu o libro, amosámoslle os podcast que gravaron con anterioridade as compañeiras e os compañeiros deste nivel. Gustoulle moito!!!

Para rematar, Ramón asinounos os libros. Moitas grazas.


Güino.


miércoles, 27 de mayo de 2026

CLUB DE LECTURA 4º ED. PRIMARIA. Visita de Eva Mejuto.

 Estivemos lendo "Queco e Kika", un libro moi divertido. Hoxe, 27 de maio, estivemos coa autora en Bibliocouceiro e contounos moitos segredos. 


Moitas grazas,  Eva, pola visita e por asinarnos os libros.
Güino.


domingo, 24 de mayo de 2026

CLUB DE LECTURA 5º ED. PRIMARIA 2026

 Xa temos data para o derradeiro club de lectura deste curso. O 1 de xuño visitaranos Ramón Caride o autor de "O misterio das zocas".


Güino.

CLUB DE LECTURA 4º ED. PRIMARIA 2026

 O vindeiro mércores 27 de maio recibimos a Eva Mejuto, que traballará co alumnado de 4º sobre o seu libro Queco e Kika. 

Güino.

sábado, 7 de marzo de 2026

VISITA DE MARTA VILLAR

  O alumnado de 3º Ed. Primaria, leron o libro "Os peido máxicos de Sultán" e a súa escritora visitounos este xoves 5 de marzo. Foi un club de lectura moi interesante.


Moitas grazas pola túa visita, Marta.
Güino.


domingo, 1 de marzo de 2026

CLUB DE LECTURA DE 3ºED. PRIMARIA 2026

  O xoves 5 de marzo, recibiremos a autora do libro "Os peidos máxicos de Sultán", Marta Villar.


Güino.

lunes, 26 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA 4ºEP. 26 DE MAIO DE 2025

 O alumnado  de 4º EP  estiveron lendo "ÁNXELA E SPENCER" e hoxe recibiron ao seu autor no "Xardín do Pasatempo". Foi moi interesante o que Carlos Meixide estivo contando sobre o seu libro. 


Anteriormente os nenos e as nenas de 4º traballaron o vocabulario, o resumo ... Deixamos aquí un enlace do blog.